miércoles, 28 de mayo de 2014

Kaspars Berzins e Pavel Pumprla cos nenos de Padrón

Os xogadores do Obradoiro, Kaspars Berzins e Pavel Pumprla, por segundo ano, visitaron ós nenos do CB Padrón.
Dentro dos convenios de colaboración do club ACB cos concellos e clubs deportivos da comarca, os xogadores do Obradoiro pasaron a tarde acompañados dos nenos da escola municipal de baloncesto do Concello de Padrón.

lunes, 27 de mayo de 2013

Pavel Pumprla e Micky Stobart cos nenos de Padrón

Os xogadores do Obradoiro, Pavel Pumprla e Micky Stobart, visitaron ós nenos do CB Padrón.
Dentro dos convenios de colaboración do club ACB cos concellos e clubs deportivos da comarca, os xogadores do Obradoiro pasaron a tarde acompañados dos nenos da escola municipal de baloncesto do Concello de Padrón.
 Xunto ós máis pequenos do baloncesto da capital do Sar, os xogadores tiveron unha animada charla na que responderon atentamente a todalas preguntas formuladas.
Pavel e Micky tamen firmaron pacientemente cantos autografos lles solicitaron os pequenos, prestandose tamen a facerse fotos con todos e cada un deles.


O broche final foi un partido a toda cancha entre o equipo de Pavel e o de Micky, cada un dos xogadores capitaneou un combinado das distintas categorías que disfrutaron ca atención prestada polos capitans, e xa poden dicir que compartiron pista con xogadores da segunda mellor liga do mundo.
 

domingo, 12 de mayo de 2013

Pechamos a 2012-2013


Como ben sendo habitual pechamos a tempada ca churrascada de grupo das categorías de base, con bastantes ausencias, pero con ánimo para celebrar o campeonato e subcampeonato logrado por Benxamins e Alevins na liga do Barbanza...

... mesmo tivemos tempo de celebrar con tarta sorpresa e todo o cumpreanos de Damian!!!

viernes, 21 de septiembre de 2012

O CB Rio Ulla e o CB Padrón en apoio a Pablo

martes, 31 de enero de 2012

Os nenos do CB Padrón có Obra


Este ano, na liga ENDESA, o Obradoiro tamén sinte o apoio dos máis pequenos do noso clube. O pasado sábado 21 de xaneiro, acudiron a presenciar o encontro entre o Blusens Monbus e o Gescrap Bizcaia, con victoria do equipo visitante por 65 a 79.

sábado, 14 de enero de 2012

Xornada 5º - Infantil grupo J

A xornada quinta do grupo:J da Liga Infantil celebrouse no Pavillón Municipal de Padrón, cos partidos:


Unha tarde intensa de basquet no concello de Padrón.

lunes, 13 de junio de 2011

Os nenos do Clube Baloncesto Padrón no Día Autonómico do Minibasquet

Equipo mini
Combinado premini
Os máis pequenos do Clube Baloncesto Padrón asistiron o pasado sábado ao VIII día Autonómico do Minibasquet, organizado polo Grupo Correo Gallego no Multiusos Fontes do Sar.
Os nosos nenos desfrutaron por segundo ano da festa galega do baloncesto de base.

Moitas grazas ao Gurpo Correo Gallego pola invitación. Podedes ver a galería cas fotos de todos os participantes en elcorreogallego.es