lunes, 27 de mayo de 2013

Pavel Pumprla e Micky Stobart cos nenos de Padrón

Os xogadores do Obradoiro, Pavel Pumprla e Micky Stobart, visitaron ós nenos do CB Padrón.
Dentro dos convenios de colaboración do club ACB cos concellos e clubs deportivos da comarca, os xogadores do Obradoiro pasaron a tarde acompañados dos nenos da escola municipal de baloncesto do Concello de Padrón.
 Xunto ós máis pequenos do baloncesto da capital do Sar, os xogadores tiveron unha animada charla na que responderon atentamente a todalas preguntas formuladas.
Pavel e Micky tamen firmaron pacientemente cantos autografos lles solicitaron os pequenos, prestandose tamen a facerse fotos con todos e cada un deles.


O broche final foi un partido a toda cancha entre o equipo de Pavel e o de Micky, cada un dos xogadores capitaneou un combinado das distintas categorías que disfrutaron ca atención prestada polos capitans, e xa poden dicir que compartiron pista con xogadores da segunda mellor liga do mundo.
 

domingo, 12 de mayo de 2013

Pechamos a 2012-2013


Como ben sendo habitual pechamos a tempada ca churrascada de grupo das categorías de base, con bastantes ausencias, pero con ánimo para celebrar o campeonato e subcampeonato logrado por Benxamins e Alevins na liga do Barbanza...

... mesmo tivemos tempo de celebrar con tarta sorpresa e todo o cumpreanos de Damian!!!